Día da Ilustración 2025

Dedicado a Xosé Vizoso

O 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración. Este ano, de xeito curioso por non ser habitual, dedícaselle a unha persoa en vida: Xosé Vizoso, home polifacético e prolífico na súa andaina profesional. A súa produción abrangue varios campos: cartelista, muralista e ilustrador, pero non debemos esquecer o seu traballo como deseñador na cerámica de Sargadelos.

A biblioteca do Museo Provincial de Lugo mostra a súa ledicia por este recoñecemento e ó mesmo tempo convida a coñecer as obras aquí depositadas que xiran en torno a súa figura.

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes