Día do Exilio no MPL

O artigo 8 da Lei de Memoria Democrática establece o 8 de maio como día de homenaxe ás vítimas do exilio, en lembranza dos homes e mulleres que sufriron esta diáspora por mor da Guerra Civil española e da posterior ditadura.

Desde o Museo Provincial de Lugo conmemoramos esta data amosando o traballo realizado coas nosas coleccións de arte galega do exilio, materializado nun tríptico informativo que expón un percorrido polas mesmas, que se pode realizar tanto de xeito presencial como a través da visita virtual.

O itinerario inclúe obras de A. D. Castelao, M. Bujados, M. Colmeiro, Maruja Mallo, Laxeiro, L. Seoane e Arturo Souto, ademais dos artistas do denominado “exilio interior”, os que quedaron padecendo as represalias: C. Díaz Baliño, A. Suárez Couto, C. Maside ou F. González Prieto. O total dos fondos museográficos do MPL vinculados coa arte do exilio ascende a 140 obras.

Este tema foi tratado recentemente na xornada “A arte do exilio galego no Museo Provincial de Lugo”, coordinada por Aurelia Balseiro (Directora do MPL) e Inmaculada Real López (UCM), cuxas videoactas se poden consultar no seguinte enlace para profundar máis nesta materia:
https://www.youtube.com/watch?v=enoB_zjafts

Video

Enlaces de interese

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes