Día do Exilio no Museo Provincial de Lugo

A Lei de Memoria Democrática establece o 8 de maio como día de homenaxe ás vítimas do exilio, en lembranza dos homes e mulleres que sufriron esta diáspora como consecuencia da Guerra Civil española e da posterior ditadura.
Desde o Museo Provincial de Lugo aproveitamos esta data para lembrar que temos a disposición do público un tríptico informativo que ofrece un percorrido para visualizar monograficamente o exilio artístico galego nas coleccións de Belas Artes do MPL, que se poderá recoller de balde durante todo o día na recepción do museo, así como descargar en liña aquí
Ademais, recentemente publicouse en Omeka unha exposición virtual sobre un dos artistas máis representativos do exilio galego, Manuel Colmeiro, na que se amosan as súas obras custodiadas no museo
Sobre este pintor pode visitarse tamén a exposición “As cidades de Colmeiro”, que se atopa na Sala Multiusos do MPL ata o vindeiro 30 de maio de 2026


