Día Internacional do Libro no Museo Provincial de Lugo

Aproveitamos esta efeméride para mostrar unha obra que conservamos na Biblioteca do Museo Provincial de Lugo e que entendemos que pode ser de interese para os lucenses, non só pola súa pretensión ao facela senón tamén polo seu contido.

José Cao Moure (1880-1959), propietario da editorial P.P.K.O. (acrónimo do seu nome), dirixiu e editou no ano 1929 a publicación “1929 : Lugo y su provincia (Libro de Oro)”, cunha encadernación en papel gofrado, tipo pel de serpe, con motivos art decó impresos (30 cm).

Foi publicada co patrocinio da Deputación Provincial de Lugo e os concellos de Lugo, Chantada, Fonsagrada, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Ribadeo e Sarria, amén de múltiples colaboracións publicitarias.

A obra presenta artigos referidos a institucións, monumentos, lugares, etc., que de xeito minucioso poñen en valor a provincia para contrarrestar a idea que deste territorio se tiña, incluso en ámbitos culturais, tal e como podemos deducir dunhas palabras que o propio Manuel Murguía lle dedicou á cidade de Lugo:

“adeus cidade triste e sombría, que ningún claro resplandor alegra nin unha soa empatía desperta”.

Entre outros artigos, reseñamos os seguintes:

• “Vindicación”, de Ángel López Pérez.

• “La Diputación Provincial”, de Antonio Millán.

• “Instituto Provincial de Higiene”, de Manuel Pardo Baliña.

• “Ante la obra del aguafuertista gallego Castro-Gil”, de Luis Doreste.

• “La ganadería en la Provincia de Lugo y sus derivados”, de Martín Lázaro Calvo.

• “El Corpus en mi pueblo”, de Antonio de Cora.

• “Figuras epónimas: Juan Montes”, de Indalecio Varela Lenzano.

• “Relicarios de glorias”, de Manuel Amor Meilán.

• “Monumentos arqueológicos: numismática”, de Manuel Vázquez Seijas.

• “Santa Eulalia de Bóveda”, de Luis López Martí. • “Pascual Veiga”, de José Trapero Pardo.

• “Vivero: hijos ilustres, monumentos, industrias”, de Jesús Noya González.

Blanca Pacín Somoza, Biblioteca do Museo Provincial de Lugo

Enlaces de interese

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes