Día Internacional dos Museos 2026

Museos unindo un mundo dividido

Cartaz do DIM 2026 co lema "Museos unindo un mundo dividido". A imaxe amosa un deseño gráfico de puntos conectados que serven de ponte sobre un círculo bicolor, representando a unión e o diálogo a través dos museos.

Cada ano, o 18 de maio, o Consello Internacional de Museos (ICOM) celebra o Día Internacional dos Museos (DIM), un evento mundial que destaca o papel transformador dos museos na sociedade. En 2026, baixo o lema “Museos unindo un mundo dividido”, o DIM pon o foco en como os museos actúan como puentes para superar as divisións culturais, sociais e geopolíticas, fomentando o diálogo, o entendemento, a inclusión e a paz.

A Rede Museística Provincial de Lugo, fiel á súa estratexia de Museoloxía Social e o seu compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS 10, 16 e 17), presenta unha programación deseñada para xerar espazos de encontro e confianza:

PROGRAMA DE ACTIVIDADES DIM 2026

  • Estratexias de Museoloxía Social 26
    • Saúde, Cultura de Paz e Bo Vivir: Durante os meses de maio e xuño, a Rede desenvolve este programa de conversas iberoamericanas e reflexión colectiva, explorando o museo como unha ferramenta esencial para o benestar comunitario e a cohesión social.
  • Festival Sacra Expandido
    • 15 de maio (Museo Provincial de Lugo): Ás 20:00 h represéntase a obra “El Vacío” (Incolballet) e ás 21:00 h a peza “Antes de desaparecer”, dúas propostas de danza contemporánea sobre a condición humana.
    • 17 de maio (Museo Fortaleza de San Paio de Narla): Ás 18:00 h, peza multidisciplinar “De corpo e palabra”, un manifesto inclusivo que une danza, teatro, poesía e música en directo.
    • 23 de maio (Pazo de Tor, Monforte): De 18:00 a 20:00 h, presentación de “Reinventar a Paisaxe” cos resultados do co-living de creadores na Ribeira Sacra.
    • 30 de maio (Pazo de Tor, Monforte): De 11:00 a 14:00 h, “Xornadas de Pensamento: Espazos de creación na contorna rural” e posterior Xantar Intercultural ás 14:00 h.
    • 20 e 21 de xuño (Museo Provincial do Mar, San Cibrao): De 16:00 a 19:00 h, Obradoiro de teatro para a comunidade impartido por Alma García.
    • 23 de xuño (Museo Provincial do Mar, San Cibrao): De 11:00 a 12:00 h, Mostra final do obradoiro de teatro de Alma García.
  • Proxecto Medrando en Rede
    • 27 e 28 de abril e 7 de maio: Actividade “Amadriñando á rede: o compromiso de nacer cun museo baixo o brazo”, integrando o patrimonio na vida comunitaria dende a infancia.
  • Exposicións e Inauguracións
    • 21 de abril: Inauguración de “TOCA ‘R’, DANZA ‘R’” no Museo Provincial de Lugo.
    • 24 de abril (17:00 h): I Certame Internacional de Pintura (Cooperativa AIRA) no Museo de San Paio de Narla.
    • 8 de maio (19:00 h): Inauguración de “Padre roble. Tributo ao legado do poeta Eduardo González Ananín” no Museo Provincial de Lugo.
    • 12 de maio (17:00 h): Inauguración de “Tecendo Redes” no Cenima de Foz.
    • 18 de maio (11:00 h): Inauguración de “O Infinito nas Aulas” no Pazo de San Marcos.
  • Outras Actividades Culturais
    • 11 de maio (20:00 h): Proxección do documental “Ramón Otero Pedrayo: Dereito á Paisaxe” no salón de actos da Deputación de Lugo.
    • 17 e 18 de maio: Entregarase o novo volume das rutas literarias “Bágoas de nube” de Luz Darriba para mozos/as de entre 10 e 15 anos nos museos da RMPL, ata esgotar existencias.
    • 21 de maio (19:00 h): Instalación escénica musealizada “Sempre Vivas” no Museo Provincial de Lugo.

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes