Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

(TEA) no MPLugo

Esta proposta forma parte de: MusEU ANDO

Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo

Cando:  02/04/2023
De 10:30am a 13:00pm

Formato: Presencial

O lema escollido para esta ocasión, “Chamémolo polo seu nome”, pon o foco en tres aspectos esenciais:

Variabilidade dentro do Espectro do Autismo. Iguais pero diferentes.

Singularidade e especificidade. Derribando estigmas e falsas crenzas e comprendendo o autismo e valorando ás persoas autistas.

Sentido de pertenza. Orgullo fronte a rexeitamento; apoio fronte a reemprazo.

Light It Up Blu

Solicitude de iluminación do edificio do concello, entidade ou monumento da zona a tarde-noite do DOMINGO 2 DE ABRIL, ou ao redor desa data, como mostra de apoio e solidariedade coas persoas con Autismo (TEA) e as súas familias.

Programa no MPLugo

10:30h.Charla sobre “Os dereitos das persoas con TEA. Un percorrido a través das novidades lexislativas”. Relatora: Pilar García-Puertas Taboada, presidenta da Asociación Raiolas.

12:00h.– Inauguración da exposición de infinitos realizados por usuarios/as da asociación.

12:15h.-Lectura do manifesto.

12:30h.-Actuación musical solidaria do grupo “Os Valuros” de Castro de Rei.

13:00h.-Clausura.

Enlaces de interese

Artigo: Ti en min, eu en ti. Museos con todxs (PDF)

Tamén che pode interesar

  • En abril visital mil

En abril, visitas mil

Os museos da Rede Museística preparámonos para celebrar o próximo 18 de maio do Día Internacional dos Museos. Pero antes convidámoste a coñecer as coleccións e exposicións temporais que hai programadas para este mes de abril cunha serie de visitas guiadas que che poden interesar.