Dous artigos escritos por técnicas do MPL no último número da revista Lvcensia

Dentro do traballo de divulgación científica dos contidos do Museo Provincial de Lugo, técnicas desta institución acaban de publicar dous artigos na revista Lvcensia, Miscelánea de Cultura e investigación, nº 67, 2023, presentada recentemente:

“Las artistas pensionadas por la Diputación de Lugo: Maruja Mallo, Julia Minguillón Iglesias, Isabel Pernas Bujados” por María Quiroga Figueroa.
e
“Xoán Anllo. In memoriam. Coleccionismo e altruísmo.” por Aurelia Balseiro García e Paula Salinas Somoza.

En ámbolos dous casos preténdese difundir tanto o patrimonio cultural custodiado no MPL como o recoñecemento a artistas e benfeitores que co seu traballo e xenerosidade influíron no incremento das coleccións desta institución; cunha pequena homenaxe ás mulleres creadoras lucenses que recibiron axudas para formación artística por parte da Deputación de Lugo no século pasado e, no segundo caso, cun recoñecemento a un mecenas lucense, finado neste mesmo ano, que doou ao MPL unha importante colección de Arte Africano.

Tamén che pode interesar

  • Convite do dialogo de saberes sobre o motin de cervo a cargo da historiadora Alba Diaz Geada

Mulleres en rebeldía: o motín de Cervo, 1892

A historiadora mariñana Alba Díaz Geada, descubriranos o papel das mulleres nas revoltas do s. XIX provocadas pola suba dos consumos e a carestía da vida, especialmente aquel sonado motín de Cervo, encabezado polas mulleres do lugar, o 23 de agosto de 1892

Comparte nas túas redes