Dous cadros máis da artista Julia Minguillón para o Museo Provincial de Lugo
Temática: Belas Artes
Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo
Cando: Dende o 15/02/2021
De 10:00am a 12:30am
Formato: Presencial
- A Vicepresidencia da Deputación de Lugo a través da Rede Museística Provincial vén de recibir a doazón destas obras que pasan a ampliar a sala dedicada á artista e servirán tamén para traballar a educación en igualdade e as relacións nas diferentes comunidades.
A pintora, Julia Minguillón naceu en Lugo en 1906. Cunha bolsa de estudos da Deputación de Lugo, estudou na Academia de Belas Artes de San Fernando en Madrid. Contemporánea de Maruja Mallo e Elena Gago, nadou no vangardismo.Co seu estilo figurativo e realista, pintou paisaxes, escenas cotiás, obras relixiosas e retratos da élite da sociedade galega, especialmente nos anos corenta e cincuenta, mostrando co seu pincel o gusto da España da posguerra.
En 1941 Julia convértese na primeira muller en conseguir medalla na exposición nacional de Belas Artes coa obra Escuela de Doloriñas, que o Estado adquiriría para formar parte das colección do Museo de Arte Moderno. No 1962 por orde ministeriral, o cadro chega ao Museo Provincial de Lugo, que hoxe conta cunha sala adicada á súa obra.
O legado de Julia Minguillón no Museo Provincial de Lugo vense de ampliar con dúas obras máis, doadas polos fillos dos retratados. Un retrato de Rosa Piño Pérez que xa aparecía na tese doutoral de María Victoria Carballo Calero que fora publicada pola Fundación Barrié de la Maza e o retrato do seu marido, o militar monfortino, Modesto Pérez Prieto.
As dúas obras de grandes dimensións e dunha exquisita calidade técnica forman parte xa do patrimonio da Rede Museística Provincial e no Museo Provincial de Lugo poderase gozar delas a partir de agora. A xerente da RMPL, Encarna Lago, destaca a importancia que ten para a Rede completar a colección desta artista tan importante na historia da arte feminina. Así a figura de Julia Minguillón servirá para revisar a nosa arte e a arte de ser muller. As súas obras e traxectoria serán base para educar en igualdade e seguir tecendo redes coas distintas comunidades, promover a convivencia e revalorizar os conceptos de familia.
Tamén che pode interesar
Presentación do libro “Da vila do Castro d’Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”
"Da vila do Castro d'Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia" Presentación do