Emocións
Soledad Penalta
Esta proposta forma parte de: (RE)coñecer? (Re)presentar? (Re)distribuír?
Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo
Cando: Dende o 26/04/2024
ao 15/09/2024
Soledad Penalta, orixinaria de Noia, é unha artista cuxa creatividade ten unha pegada indeleble no panorama artístico galego. Nesta ocasión, presentarunha selección coidadosamente curada de 20 pezas de gran formato que capturan a esencia e a destreza da súa produción dos últimos anos.
Contemplar a larga, meditada e coherente traxectoria de Soledad Penalta é percorrer a obra dunha artista que soubo dar os pasos precisos, tanto na estrutura formal como na conceptual, para construír un mundo de emocións, cativador e atraente para o espectador. As súas pezas de aceiro, matizadas por pensamentos escritos e mensaxes abertas, tamén por o silencio e a luz, acadan o propósito primordial da autora, que non é outro que o que Brancusi rubricou nun coñecido aforismo:
“Non busquedes aquí fórmulas escuras e misteriosas. O que eu vos dou é pura alegría”