Encarna Lago participará nun curso sobre xestión sostible do patrimonio cultural

A xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, Encarna Lago, participará como poñente no curso “Gestión sostenible del patrimonio cultural”. Este evento, organizado pola Dirección General de Patrimonio Cultural y Bellas Artes do Ministerio de Cultura, a través do Libro Verde para la Gestión Sostenible del Patrimonio Cultural, abordará a xestión responsable do patrimonio cultural.
A intervención de Encarna Lago terá lugar na segunda xornada do curso, o día 19 ás 11 da mañá. A súa ponencia, titulada “Centros con compromiso 4D: de la gobernanza participativa al impacto social en la comunidad“, centrarase en como a Rede Museística Provincial de Lugo aposta por un modelo de xestión que vai máis alá da simple conservación do patrimonio, buscando a participación activa e o compromiso social para xerar un impacto positivo na comunidade.


