Encontro arredor de Nicandro Ares

Nomes de Lugo

O Museo Provincial de Lugo acolle o vindeiro venres 5 de xuño, ás 18:30 horas, un acto homenaxe a Nicandro Ares Vázquez co gallo do centenario do seu nacemento. Esta actividade, coordinada pola directora do MPL, Aurelia Balseiro, enmárcase dentro do lema do Día Internacional dos Museos 2026, “Museos unindo un mundo dividido”, co obxectivo de conectar xeracións e divulgar as achegas de grandes investigadores á sociedade.

A apertura institucional contará coa presenza da deputada de Cultura, Iria Castro, xunto a Mª Dolores Sánchez Palomino en representación da Real Academia Galega, e a propia directora do museo. A continuación, celebrarase unha mesa redonda moderada por Aurelia Balseiro na que participarán Felipe Arias Vilas, Enrique Montenegro Rúa e Antón Santamarina Fernández para analizar o legado do homenaxeado.

Nicandro Ares Vázquez (1926-2017), quen foi membro da Xunta Reitora do museo, destacou polo seu inxente traballo na epigrafía romana e medieval, a arqueoloxía de Santalla de Bóveda e o estudo de máis de 5.000 topónimos lucenses. Cun perfil humano humilde e sabio, as súas publicacións seguen a ser un referente fundamental para a historia e a filoloxía galega.

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes