Eu son. Memoria das rapadas.

(RE)coñecer? (Re)presentar? (Re)distribuír?

Onde se desenvolve: Museo Provincial de Lugo

Cando: Dende o 08/02/2024
ao 08/04/2024

Formato: Presencial

EU SON. Memoria das rapadas é un proxecto artístico expositivo, co propósito de recuperar a memoria das mulleres rapadas durante o réxime franquista. Na II República moitas mulleres que, segundo o novo Estado, transgrediran o seu papel de feminidade tradicional ou eran familiares de persoas significadas politicamente, foron vítimas durante a Guerra Civil Española e Postguerra dos violentos escarnios públicos que as degradaban e humillaban fronte a toda a poboación.
Para castigalas publicamente rapábaselles o pelo, dábaselles de beber aceite de rícino, un poderoso laxante,  e eran “paseadas” polas rúas céntricas do pobo ou a cidade.  Pero tamén había outra represión oculta como as violacións ou a morte. Estes castigos eran extraoficiais e non hai constancia documental, salvo nalgúns casos puntuais, que se foron documentando e expoñendo.
Por iso, Art al Quadrat, en 2018 realizou no Museo Valenciano da Ilustración e a Modernidade (MUVIM), unha exposición onde a arte contemporánea e a historia entrelázase o sufrimento destas vítimas nun exercicio de reparación colectiva e dignificación da memoria.

Tamén o día 8, ás 18:00h. no Museo Provincial de Lugo, haberá unha sesión de cinema-debate no que se proxectará a película documental Sacar á luz. A memoria dás Rapadas” que contará coa presenza das autoras Gema e Mónica del Rey (Art al Quadrat). A este debate asistirán integrantes do cineclube Valle Inclán, así como as asociacións pola Dignificación de Víctimas do Fascismo (ADVF) e a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) de Lugo.

Comisariado: Anxela Caramés e Encarna Lago

Galería

Inauguración

Art al Quadrat falando do proxecto no canle de Mugarik Gabe

Enlaces de interese

Tamén che pode interesar

  • Cartel da exposición "Amar a(mares)" de Julia Ares, comisariada por Luz Darriba. O fondo da imaxe mostra unha textura de cristal con tons verdes e transparencias. Sobre el, aparece o título da exposición en letras grandes e escuras. Máis abaixo, en menor tamaño, figuran os datos da mostra: terá lugar do 3 de abril ao 31 de maio de 2025 no Museo Provincial de Lugo. Na parte inferior, os logotipos da Deputación de Lugo - Cultura e da Rede Museística Provincial de Lugo.

Amar a(mares)

 Amar a(mares)  Julia Ares Infantil e familias | Maiores | Mocidade 

Comparte nas túas redes