Tomando como fío condutor o «ano apícola» en Galicia, a exposición Abellas e abelleiros, unha relación ancestral na Galicia meleira, achega ao espectador a morfoloxía anatómica da abella Apis mellifera, a través
Detalles do evento
Tomando como fío condutor o «ano apícola» en Galicia, a exposición Abellas e abelleiros, unha relación ancestral na Galicia meleira, achega ao espectador a morfoloxía anatómica da abella Apis mellifera, a través de maquetas construídas con intelixencia artificial. Percorre igualmente cada un dos procesos que, dependendo da estación do ano, veñen practicando os abelleiros galegos para coidar o seu gando e obter os prezados e doces alimentos que proporciona a abella. A abella aliméntase de néctar e pole de máis de 125 especies florais, das que a exposición trae 45 nas que pode verse á abella libando ou recollendo pole destas flores que son a base dos meles galegos.
Cando
setembro 30, 2025 - outubro 31, 2025 (Todo o día)(GMT+02:00)