As que contan, a tradición na muller rural galega é unha homenaxe ás mulleres que conservan e reinventan a cultura do noso rural. A partir do encontro con tres creadoras
Detalles do evento
As que contan, a tradición na muller rural galega é unha homenaxe ás mulleres que conservan e reinventan a cultura do noso rural. A partir do encontro con tres creadoras —a cesteira Idoia Cuesta, a ceramista Pepa de Bonxe e a gandeira Marta Álvarez—, o alumnado da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo deu forma ás súas historias a través de contos ilustrados, pezas cerámicas, xogos e creacións audiovisuais que enlazan oficio, arte e memoria.
Cando
novembro 7, 20259:00 am - decembro 7, 20259:00 am(GMT+01:00)