O Museo Fortaleza de San Paio de Narla, que foi testemuña da histórica revolta irmandiña do século XV, serve como punto de partida para vincular ás nenas e nenos
Detalles do evento
O Museo Fortaleza de San Paio de Narla, que foi testemuña da histórica revolta irmandiña do século XV, serve como punto de partida para vincular ás nenas e nenos coa contorna natural do edificio. A actividade propón recoñecer a flora local, aprender as súas características principais e explorar as calidades medicinais que empregaban os homes e mulleres na Idade Media. Como culminación da aprendizaxe, os participantes construirán o seu propio herbario utilizando materiais de refugallo.
Cando
xullo 11, 202612:00 pm - 1:00 pm(GMT+02:00)
Localización
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Museo Etnográfico San Paio de Narla Torre de Xiá, 27220 Friol, Lugo