Este obradoiro de escritura epistolar impártese no Museo do Prado e, simultaneamente, nos espazos da Rede Museística Provincial de Lugo.
Destinado a público adulto interesado na escritura, proponse un achegamento ás
Detalles do evento
Este obradoiro de escritura epistolar impártese no Museo do Prado e, simultaneamente, nos espazos da Rede Museística Provincial de Lugo.
Destinado a público adulto interesado na escritura, proponse un achegamento ás obras de arte cunha mirada diferente, con ollos de escritor/a que busca unha historia. Para iso, explorando distintas técnicas narrativas, os participantes de ambos os museos poñeranse en contacto entre si por carta, para compartir o reto que representa a historia que queren contar e ofrecerse axuda mutuamente antes de escribir o seu relato definitivo. Deste xeito, escritura e pintura conéctanse grazas ao relato que escribimos.