Fernando Yáñez doa a obra Custos Luci ao Museo Provincial de Lugo

A Rede Museística Provincial de Lugo enriquece desde o pasado venres o seu patrimonio artístico grazas á xenerosidade do creador lucense Fernando Yáñez, quen fixo entrega oficial da súa obra Custos Luci (O gardián de Lucus). No acto, o propio artista estivo acompañado por Iria Castro, deputada delegada da área de cultura, Encarna Lago, xerente da Rede Museística, e Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo. Esta peza, unha técnica mixta sobre táboa datada neste mesmo ano 2026, pasa a formar parte dos fondos públicos como unha doazón directa do autor, reforzando o vínculo entre a creación contemporánea e as raíces históricas da cidade.

O acto serviu tamén para dar inicio ao programa de visitas guiadas organizado con motivo da semana do Arde Lucus. Estas visitas lévase a cabo todos os días ás 17:00 horas e manteranse activas ata o vindeiro 21 de xuño no Museo Provincial.

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes