Friol lembra

imaxe de collage de fotografias do arquivo ulloan coa torre de narla de fondo

Dende o 16/07/2021

Presencial

O proxecto Friol lembra, produto da colaboración entre a Cooperativa Indaga e a Rede Museística Provincial, chega ao seu final tras dous meses nos que una equipa de técnicas levou a cabo un proceso de recuperación da memoria local a través da recollida de testemuñas orais de mulleres mediante metodoloías como as entrevistas en profundida, as derivas ou as conversas as tres.

Tras seren analizadas, unha selección de 22 fragmentos de audio compoñen o relato colectivo sobre a memoria da comunidade, que poden ser escoitados a través da app Arquitecturas de la Memoria en numerosos lugares da vila na que foron xeolocalizados.

Deste xeito, Friol lembra pon en valor a memoria colectiva e o coñecemento acumulado polas xeracións máis maiores ao longo das súas vidas (oficios tradicionais, lembranzas da escola, relacións entre a veciñanza, anécdotas sobre a vida na aldea, vivencias sobre a feira, etc.) como fonte de riqueza social, cultural e económica dos territorios. Ademais, este proxecto impulsa a oralidade como forma de transmisión de memorias e saberes populares, incorporando a tecnoloxía como atractivo para as xeracións novas e para a poboación visitante.

Ademais dun proxecto que reforza a autoimaxe que a poboación de Friol ten de sí mesma, trátase dun novedoso método de facer turismo e coñecer un territorio como é neste caso Friol, pois calquera persoa que descargue gratuítamente a aplicación móbil Arquitecturas de la Memoria, desenvolvida pola Aula das Artes da Universidade Carlos III de Madrid, terá a oportunidade de percorrer as rúas, prazas e camiños frioleses da man das voces da súa poboación, accedendo a unha capa da súa historia que non se atopa en libros nin guías turísticas.

Ao abrir a app, a persoa visitante atopará un mapa de realidade aumentada e una personaxe que lle indicará s súa xeolocalización. En determinados puntos do mapa aparecerán unas chinchetas vermellas que indican os puntos nos que se pode acceder aos audios. Unha vez que a persoa se sitúa a unha distancia próxima a dito punto, a chincheta activarase e o audio poderá ser escoitado. Os diferentes puntos no mapa trazarán unha ruta que se poderá percorrer camiñando.

descargar a app

Descargar app Arquitectutas da memoria

Relacionado con esta acción

Comparte nas túas redes