Habitar o baleiro
Fotografías de Brais Lorenzo

Dende o 21/02/2025 ao 20/04/2025
En Galicia, hai un xeito de vivir que está a desaparecer diante dos nosos ollos. Un relato vivo que nos explica como somos, de onde vimos e cara a onde imos. Mais, ao tempo que moitas aldeas quedan baleiras, outras atopan novas formas de habitar, reinterpretando o territorio e dándolle un novo significado ao concepto de baleiro.
Preto de 2.000 aldeas galegas xa non teñen habitantes. Outras están no mesmo camiño, perdendo aos poucos a súa historia. O despoboamento afecta especialmente ás áreas de montaña, como os Ancares, O Courel, o macizo central ourensán ou Trevinca, onde a poboación reduciuse nun 70% nos últimos 60 anos. No seu lugar, aparecen parques eólicos, paneis solares e grandes incendios que mudan a paisaxe e a vida destas terras.
Porén, o baleiro non é só ausencia. Nel tamén habitan historias de resistencia e esperanza. Habitan aquelas persoas que decidiron quedar onde naceron, quen busca unha vida máis tranquila lonxe da cidade, ou quen ve no rural unha alternativa fronte á crise ambiental. Habitar o Baleiro é un testemuño fotográfico destas vidas, un documento visual que reflicte a realidade dun mundo en transformación.
A exposición, a cargo do fotógrafo Brais Lorenzo, inaugurarase o 21 de febreiro ás 18:30 no Museo Provincial de Lugo e poderá visitarse ata o 20 de abril.