I Xornadas sobre diversidade e afectivo sexual:

Novas perspectivas.

cartaz I Xornadas sobre diversidade e afectivo sexual:

O grupo de traballo e comité organizador destas xornadas, impulsan esta proposta xunto coa Rede Museística Provincial de Lugo para iniciar un proceso formativo e informativo no que a aprendizaxe, o intercambio de experiencias, a reflexión e o debate social, sexan os eixos condutores para a implantación de prácticas sociais que dean resposta ás necesidades das persoas LGTBI+ do país. Do mesmo xeito, buscamos crear canles de colaboración coa Rede Museística de Lugo, sempre aberta e sensible ao diálogo, ao recoñecemento e respecto pola diversidade e a loita pola igualdade de oportunidades.

Obxectivo fundmental das xornadas:
Crear un foro de referencia na cidade e Provincia de Lugo no eido da diversidade afectivo-sexual, dende as ópticas educativa, cultural, socio-sanitaria e xurídica; achegando igualdade, respecto, rigor e acompañamento fronte ao odio, a represión e a limitación de dereitos crecente no momento actual.

Obxectivo secundarios:

  •  O fomento e apoio á diversidade como imperativo ético da nosa sociedade, como valor e como elemento a protexer.
  •  Promover actitudes críticas cara á discriminación e LGTBIfobia por exercer unha sexualidade ou identidade disidentes ou alternativas.
  •  Visibilizar non só os contextos nos que as persoas o colectivo LGTBIQA+ transitan a diario, senón tamén as boas prácticas e recomendacións daquelas persoas do país que xa están a traballar esta cuestión nos seus respectivos campos.
  •  Construír un foro de debate do que poidan derivarse colaboracións, iniciativas e dinámicas sociais que xeren actividade na Cidade e Provincia de Lugo, en materia de diversidade afectivo-sexual.
  •  Alfabetización en dereitos: con ferramentas para o apoderamento das persoas, tanto as que estean nas siglas LGBTIQA+ coma a calquera fóra delas; e tanto en materia preventiva como reactiva.
  •  Formación a profesionais e futurxs profesionais: contando con expertxs de primeiro nivel nos seus campos de traballo, coñecedorxs dos puntos febles e oportunidades de mellora nos mesmos.

Tamén lle pode interesar

As 7 e 7

Tags: |

As 7 e 7 é unha mostra que dá a coñecer as achegas que ELAS fan á arte, ao pensamento de Galiza e do mundo, a través das 7 artistas expostas no Museo Provincial de Lugo e doutras tantas creadoras emerxentes.
  • fotograma de la memoria de las rapadas

Eu son. Memoria das rapadas.

Tags: |

EU SON. A memoria das rapadas e un proxecto artístico de Art al Quadrat que busca a recuperación da memoria das mulleres rapadas no franquismo por transgredir o seu papel de feminidade tradicional na II República.

Notas no latexo do unánime e cego

Tags: |

Presentado en forma de apuntamentos fílmicos, este proxecto proponse cuestionar a maneira en que lembramos a través da biografía dos espazos do Pazo de Tor. Inauguración o día 8 ás 12:00h. no Museo Provincial de Lugo

“Origen” de Glorianna Ximendaz

Tags: |

Inauguración o día 2 de febreiro da exposición «Origen» de Glorianna Ximendaz , gañadora do XI Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, na sala de exposición da Deputación de Lugo.

Comparte nas túas redes