II Encontro de Cultura Marítima
de A Mariña de Lugo

Temática: Identidade, memoria e territorio
Onde se desenvolve: Museo provincial do Mar
Cando: o 18/03/2023
De 11:00am a 14:00pm
e de 17:00pm a 18:00pm
Formato: Presencial
Logo da celebración en Novembro de 2022 das xornadas Vivemar en Viveiro, e como consecuencia natural do Encontro de Cultura Marítima que tivo lugar nas mesmas, presentase agora o II Encontro de Cultura Marítima de A Mariña de Lugo. Coa intención de que esta xornada sirva de punto de partida para a dinamización do patrimonio marítimo de A Mariña, tomando como referencia os traballos que se teñen feito neste ámbito no Sur de Galicia a través de Culturmar e os seus colectivos asociados. Desta forma, contaremos coa presencia de diversas asociacións que expoñerán a súa experiencia tanto en conservación como en recuperación de embarcacións tradicionais.