Imaxes Latexantes

Grupo Técnica Mixta

Dende o 17/07/2026

A sala de exposicións da Deputación de Lugo acollerá a mostra de gravado e escultura titulada “Imaxes Latexantes”. Esta nova proposta artística está impulsada polo Grupo Técnica Mixta, un colectivo multidisciplinar composto polos creadores Ana Barbará, Yolanda Carbajales, Andrés Conde, Maite Meixide, Antonio Pedreira e Leonardo Rial. Os membros deste grupo comparten unha importante base formativa, xa que todos eles foron alumnos do artista, gravador e pintor cubano Raimundo Orozco, no cuxo taller traballaron durante varios anos para perfeccionar as técnicas de expresión gráfica que agora presentan ao público.

O gravado e a escultura forman parte dunha tradición artística de grande relevancia no noso país, que soubo dialogar co seu tempo sen renunciar ás súas raíces. As obras reunidas nesta exposición amosan esa capacidade de crear desde Galicia, coa mirada aberta ao mundo, contribuíndo ao enriquecemento do noso patrimonio cultural e ao prestixio da arte galega máis alá das nosas fronteiras.

O acto oficial de inauguración celebrarase o vindeiro venres 17 de xullo ás 13:00 horas nas citadas instalacións provinciais. A mostra conta co apoio e a organización da área de Cultura da Deputación de Lugo en colaboración coa propia Rede Museística Provincial

Comparte nas túas redes