Ioga e arte en rede

Un espazo da RMPL para coidArte.

Participantes en Ioga e arye no museo provincial de lugo, na sala do mosaico.

Onde se desenvolve: Museo Provincial de Lugo

Cando: De maio a setembro, todos os martes e xoves de 11.00 a 12.30 h. no Museo Provincial de Lugo. 

IMPORTANTE: Matrícula pechada

A Rede Museística Provincial de Lugo lanza “Ioga e Arte en Rede”, unha innovadora proposta que busca fortalecer os lazos comunitarios e fomentar a participación a través dos museos. Este proxecto ten como premisa principal poñer ás persoas no centro, convertendo os museos en lugares que promovan a saúde, a integración e a creatividade. Ademais, asegúrase de proporcionar espazos seguros para nenos, nenas, mulleres, persoas con discapacidade e persoas maiores, utilizando diversas linguaxes artísticas, o movemento consciente e o ioga.

Cada sesión do proxecto, dirixidas por Stephanie Cubides , divídese en tres momentos clave, todos co obxectivo de transformar a práctica do ioga nunha experiencia de benestar integral, permitindo aos participantes vivir e habitar o museo desde os sentidos e as emocións, non só desde a mirada.

Estrutura das Sesións

Conexión co Corpo: A práctica de ioga permite aos participantes comprender e relacionarse co seu corpo desde a conciencia e o coidado. A través da respiración, búscase o benestar e a visualización de aquello que impulsa a nosa vida.

Acción Creativa Colectiva: Posteriormente, técense lazos colectivos e actívase a creatividade a través de linguaxes artísticas como o teatro, a danza, a escritura e o debuxo, sempre en relación cunha peza ou espazo do museo.

Exploración e Aprendizaxe: Finalmente, cada sesión conclúe coa explicación da peza abordada por parte dos guías do museo, enriquecendo a experiencia con coñecementos e contextos históricos.

Obxectivos do Proxecto

Crear un espazo de benestar dedicado ao coidado propio e colectivo mediante as artes escénicas e o ioga.

Integrar ás comunidades de persoas maiores, nenos e nenas, mulleres, persoas con discapacidade e migrantes na programación cultural da RMPL.

Resignificar o espazo do museo a través de múltiples posibilidades de exploración física e sensorial da arte.

Promover a saúde física e mental da comunidade, especialmente de nenos, nenas, mulleres, persoas migrantes, persoas maiores e persoas con discapacidade.

Con “Ioga e Arte en Rede“, a Rede Museística Provincial de Lugo proponse transformar os seus museos en centros de benestar e creatividade, convidando a todos a participar e gozar dunha experiencia única que une corpo, mente e arte.

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes