Ioga e arte en rede

Un espazo da RMPL para coidArte.

Participantes en Ioga e arye no museo provincial de lugo, na sala do mosaico.

A Rede Museística Provincial de Lugo continúa con “Ioga e Arte en Rede“, un proxecto que comezou o ano pasado con gran éxito de participación. Esta iniciativa combina ioga e expresión artística para converter os museos en espazos de benestar, integración e creatividade.

As sesións, dirixidas por Stephanie Cubides, inclúen conexión co corpo a través do ioga, acción creativa colectiva mediante distintas linguaxes artísticas e unha exploración guiada do museo.

Ante a alta asistencia, créase un novo grupo os martes de 17:00 a 18:30 no Museo Provincial de Lugo. O prazo de inscrición xa está aberto para todas as persoas interesadas en formar parte desta experiencia única.

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes