IV centenario da morte do Greco.
A súa influencia en Xesús Corredoira

Temática: Belas Artes
Esta proposta forma parte de: Acordanzas
Co gallo da celebración do IV centenario da morte do Greco e tendo en conta a súa influencia en Xesús R. Corredoira, entre outros moitos artistas a cabalo entre os séculos XIX e XX, queremos salientar a produción pictórica de Corredoira inspirada nese pintor manierista, tamén a cabalo entre dous séculos: XVI e XVII
DOCUMENTACIÓN Nos enlaces de interese que se anexan achéganse documentos con información biográfica sobre o artista homenaxeado, neste caso El Greco e Xesús Corredoira, e sobre as obras da súa autoría que forman parte dos nosos fondos, así como un plano-guía para facilitar a súa localización nas salas do MPLugo onde se expoñen. Ademais, poñemos ao seu dispor o ÁLBUM coas reproducións de todas as obras deste artista que na actualidade existen no MPLugo.
VISITA ao MPLugo Desde esta data e durante o mes de novembro de 2014 o MPLugo pon a disposición dos visitantes información adicional para quen desexe contemplar in situ a obra de Xesús Corredoira.