Jenaro Pérez de Villaamil

160 anos da sua morte.

Temática: Belas Artes

Esta proposta forma parte de: Acordanzas

Aproveitando a circunstancia de cumprírense este 5 de xuño de 2014 cento sesenta anos da morte de Jenaro Pérez Villaamil e Duguet (Ferrol, A Coruña, 3 de febreiro de 1807 – Madrid, 5 de xuño de 1854), a dirección e o departamento de Belas Artes do MPLugo, coa colaboración doutros departamentos da Rede Museística da Deputación de Lugo, propoñen relembrar a obra e a figura do ilustre pintor ferrolán.

DOCUMENTACIÓN Nos enlaces de interese que se anexan achéganse documentos con información biográfica sobre o artista homenaxeado e sobre as obras da súa autoría que forman parte dos nosos fondos, así como un plano-guía para facilitar a súa localización nas salas do MPLugo onde se expoñen. Ademais, poñemos ao seu dispor o ÁLBUM coas reproducións de todas as obras deste artista que na actualidade existen no MPLugo.

VISITA ao MPLugo Desde esta data e durante un mes o MPLugo pon a disposición dos visitantes información adicional para quen desexe contemplar in situ a obra de Jenaro Pérez Villamil.

Galería

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes