Julia Minguillón

50 cabodano da sua morte

Temática: Belas Artes

Esta proposta forma parte de: Acordanzas

Aproveitando a circunstancia de cumprírense este 22 de agosto de 2015 cincuenta anos da morte de Julia Minguillón (Lugo, 1906 – Madrid, 22 de agosto de 1965), a dirección e o departamento de Belas Artes do MPLugo, coa colaboración doutros departamentos da Rede Museística da Deputación de Lugo, propoñen relembrar a obra e a figura de Julia Minguillón.

Realizou a presentación do acto o deputado delegado de Cultura, Mario Outeiro, acompañado da xerente da Rede Museística, Encarna Lago, e da directora do MPLugo, Aurelia Balseiro.

Coincidindo coa efeméride, comunícase que a obra “A miña familia” foi sometida polo departamento de Restauración do MPLugo a traballos de CONSERVACIÓN PREVENTIVA.

Nos enlaces de interese que se anexan achéganse documentos con información biográfica sobre a artista homenaxeada, un ÁLBUM coas imaxes das obras da súa autoría que forman parte da exposición permanente así como de obxectos, persoais (espello, aneis, pulseira),  unha LISTAXE BIBLIOGRÁFICA con obras de consulta existentes na Biblioteca do MPLugo sobre esta autora, un PÓSTER crono-biográfico, así como un FOLLETO con plano-guía para facilitar a localización das obras na sala nº 16 do MPLugo, que é onde se expoñen. Esta publicación tamén está ao dispor dos visitantes na recepción do MPLugo.

EXPOSICIÓN TEMPORAL

Desde o 16 de abril e ata o 14 de xuño na sala nº 16 os visitantes terán ocasión de contemplar unha mostra de obras, bosquexos (algún inéditos), documentación e obxectos persoais da pintora.

Galería

Tamén che pode interesar

  • Obra sen título de Alberto castro couso que forma parte dos fondos en reserva do Museo Provincial

Acordanzas: Centenario do nacemento de Alberto Castro Couso

Lembramos ao pintor arxentino de orixe galega Alberto Castro Couso cando se cumpren 100 anos do seu nacemento, o 12 de marzo de 1924, en Bos Aires, cidade na que viviu ata trasladarse a Galicia en 1974. Facémolo cun repaso pola súa vida e obra e revisamos os catro cadros da súa autoría que se conservan no Museo Provincial.

Comparte nas túas redes