Legado Xoán Anllo.

O compromiso dun coleccionista

A imaxe é un cartel vertical para unha exposición titulada "Legado Xoán Anllo: O compromiso dun coleccionista". O cartel mostra unha fotografía escura dunha peza de artesanía de gran tamaño, que parece un colar ou un adorno ceremonial, colocado sobre unha base. A peza, de cor marrón e dourada, está feita con materiais naturais, posiblemente dentes ou cunchas, e ten forma de media lúa. No fondo, en tons suaves de sepia e amarelo, vese unha escena con siluetas de persoas e unha árbore. Na esquina inferior esquerda, un texto en pequeno indica que se trata de "Datorai de Papúa, Nova Guinea, Indonesia", mentres que na esquina inferior dereita hai outra referencia: "'O Ser do Meli', de Irene López de Castro". O título da exposición, "Legado Xoán Anllo", está escrito en letras grandes e de cor marrón, mentres que o subtítulo, "O compromiso dun coleccionista", está debaixo en letras máis pequenas. Na parte inferior do cartel, indícase o lugar e as datas da exposición: "Museo Provincial de Lugo" e "18 setembro ao 30 novembro • 2025". Ao pé da imaxe, aparecen os logos institucionais da Deputación de Lugo e da Rede Museística Provincial de Lugo.

Coleccionismo e museos

Dende o 18/09/2025 ata o 30/11/2025

O 20 de xaneiro de 2025 o Museo Provincial de Lugo ingresou, por doazón en legado testamentario de Xoán Anllo Vázquez, unha colección de pezas de Belas Artes, Artes Decorativas e Etnografía procedentes de diversas zonas xeográficas de Europa, Asia e América. Con motivo da incorporación destes bens, e no marco do programa Coleccionismo e museos que o MPL está a desenvolver en 2025, organízase esta exposición cos seguintes obxectivos:

• Destacar a importancia do coleccionismo e do mecenado na conformación das coleccións museísticas públicas.

• Crear diálogos entre o patrimonio cultural galego e o doutras zonas xeográficas a través dunha exposición heteroxénea e multidisciplinar.

• Promover a pluralidade e a diversidade cultural co fin de chegar a públicos diversos.

• Contribuír ao coñecemento e posta en valor do patrimonio cultural doutros países e continentes.

• Promover a socialización do patrimonio a través dun museo público.

• Facilitarlle á sociedade a interpretación do patrimonio cultural.

• Relacionar a transferencia do coñecemento coas sinerxías de valor social, a nivel local e xeral, desde formulacións interdisciplinares e transversais.

FICHA TÉCNICA:

Título: Legado Xoán Anllo. O compromiso dun coleccionista.

Programa: Coleccionismo e museos. 2025.

Datas: Desde o 18 de setembro ata o 30 de novembro de 2025.

Lugar: Sala de exposicións temporais do MPL.

Coordinación xeral: Aurelia Balseiro García.

Comisariado: María Quiroga Figueroa, Paula Salinas Somoza, Lucila Yáñez Anllo-Vergas.

Adxunto á coordinación e comisariado: Negociado de Coleccións do MPL.

Textos: Dirección, Departamento de Belas Artes e Departamento de Etnografía e Artes Decorativas do MPL.

Conservación e restauración: Departamento de Restauración do MPL.

Colaboracións: Departamento de Montaxe de Exposicións do MPL e Negociado de Coleccións do MPL.

Video

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes