Lestrygonians

Jesus Otero-Yglesias

Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo

Cando: Dende o 21/05/2023
Ata o 31/08/2023

Formato: Presencial

Lestrygonians dá nome a unha serie de debuxos, un cento, que ilustran na ficción o capítulo homónimo, número 8, do Ulysses de James Joyce. Os Laestrygones, libro X na Odisea de Homero, son xigantes antropófagos que atacan a tripulación de once das doce embarcacións coas que Odiseo e os seus compañeiros chegan a Telépilo de Lamos na viaxe de regreso a Ítaca. Ulises e os demais sobreviventes conseguen fuxir cun barco, o único que non atracou no porto.

No devandito capítulo 8, Leopold Bloom libera a súa imaxinación mentres percorre Dublín na busca dun bo lugar para almorzar, entreténdose nun continuo fluxo de pensamentos e sucesivos encontros fortuítos con coñecidos. As cavilacións de Bloom dan conta do pracer de distraerse coa comida e, igualmente, da degradación do ser humano entregado sen outro afán ó acto de se alimentar.

Na sala do Museo chamada Cociña proxéctase o vídeo Foggy Lights (Luces de niebla) realizado con Shuǐ Lóng Xuě Bào. Presenta distintos obxectos e substancias transformados pola concavidade dunha lámpada, a súa intensa luz e o calor.

O po dos días, o que queda do café, moedas, tinta e canela, lapis e avións de xoguete, un pequeno oso de resina sobre un mundo de bólas de vidro, aceite e mel…

Video

Tamén che pode interesar

RGF Catálogo General (1961-2022)

Presentación dos tres primeiros tomos do Catálogo General de Roberto González Fernández o día 20 de decembro no MPL as 19:00h

Comparte nas túas redes