Luís Ferreiro Peinó

100 anos do seu nacemento.

Temática: Belas Artes

Esta proposta forma parte de: Acordanzas

Luís Ferreiro Peinó nace en Lugo o 19 de maio de 1921. Comeza  traballando  como tallista nunha empresa de mobles pero posteriormente introdúcese no mundo da escultura e compaxinará as dúas actividades. Gradúase en Artes Aplicadas e Oficios Artísticos na antiga  Escola Ramón Falcón de Lugo, na especialidade de cerámica.

Realizou exposicións individuais e tamén participou en mostras colectivas entre os anos 1958 e 1991.

A obra de Ferreiro Peinó é  figurativa, e ao longo do tempo  foi evolucionando cara a formas máis estilizadas e esquemáticas. Na súa produción destaca o interese pola figura humana, o compromiso social, Galicia e o mundo onírico.

O escultor falece o 13 de abril de 2004.

O Museo Provincial de Lugo custodia, entre os seus fondos, tres esculturas en madeira de Luís Ferreiro Peinó: Tullido (1972), Cariña de Lúa (1980) e Bico (1980).

Nota: A imaxe de Luís Ferreiro Peinó procede da web: luisferreiropeino.gal

Galería

Enlaces de interese

Tamén che pode interesar

Julia Minguillón

Aproveitando a circunstancia de cumprírense este 22 de agosto de 2015 cincuenta anos da morte de Julia Minguillón traemos un novo Acordanzas na que falamos da figura de esta artista.

Comparte nas túas redes