Ronsel do Programa Culturas en Diálogo O futuro é ancestral
18 de decembro, #DíaDaPersoaMigrante

Temática: Diálogo intercultural
Público: Infantil e familias | Maiores | Mocidade
Esta proposta forma parte de: Culturas en Diálogo
Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo |Sala de exposicións da Deputacion de Lugo
Cando: Dende o 18/12/2023
Formato: Presencial
O Nadal son datas para lembrar ós que non están, quizáis a aquelxs que tiveron que mudar de lugar e de vida. Ninguén está libre diso, todos fomos, somos ou seremos migrantes dalgures.
E si, para iso tamén hai un día, o 18 de decembro, Día Internacional das persoas Migrantes. Queremos facer uso desta data para presentarvos a exposición “Mulleres das/nas aldeas”.
A través desta exposición temporal desde a RMPL queremos visibilizar, dignificar e empoderar todas as realidades das mulleres das/nas con especial atención ao traballo da comunidade migrante lucense como presente activo e coidador do noso rural.
Esta mostra componse de tres partes diferenciadas:
MULLERES NAS ALDEAS: mulleres migrantes que non medraron no rural pero chegaron a el para provelo de coidados, ocupándose dos nosos maiores, das nosas casas e das nosas crianzas. Unha realidade, cada vez máis presente, de mulleres que atopan nas aldeas lucense unha oportunidade para ganarse a vida e integrarse na familia e comunidade habitando tamén o territorio. Nesta parte de mostra intégrase un espazo participativo para que as migrantes reivindiquen o seu papel na comunidade.
MULLERES DAS ALDEAS: retratos de familias integradas por catro xeracións de mulleres que sempre viviron no rural, que nunca marcharon ou que foron formarse ou traballar á cidade, a outra provincia ou ao estranxeiro e que posteriormente decidiron volver ao seu pobo. A través do Programa Culturas en Diálogo da RMPL, no que se enmarca esta acción, levamos 25 anos traballando pola integración e visibilización das persoas migrantes en Lugo. 365 días de efeméride. 365 días de persoas migrantes.
A RMPL querevos connosco ese día, celebrando, reivindicando e escoitando ás mulleres migrantes que coidan dos nosos maiores. Mais, quen as coida a elas?, quen se fai cargo das súas familias? E pola contra, facémolas parte das nosas?, quen son para nós?, persoas de paso, presenzas invisibles? Que podes facer ti?
Son moitas preguntas que queren das vosas gorxas para berrar respostas moi necesarias.
O luns 18, entre as 18:30 e as 19:30h., sodes benvidos a compartir connosco as vosas experiencias. Cadaquén pode traer petiscos para axuntarlle e gozar da conversa cunha merenda comunitaria. Logo presentaremos no O Vello Cárcere o capítulo dedicado a migración de Ronsel de fúturo. Historias Soterradas.
Enlaces de interese
Tamén che pode interesar
Follas Novas, saberes migrantes
Follas Novas, saberes migrantes No CEIP San Miguel de Reinante