Itinerancia da exposición “Mulleres nas/das aldeas”
Pallozas de San Román (Cervantes)

Temática: Diálogo intercultural
Público: Infantil e familias | Maiores | Mocidade
Esta proposta forma parte de: Culturas en Diálogo
Onde: Pallozas de San Román (Cervantes)
Cando: Dende o 22/01/2024
Este luns, día 22 de xaneiro, inaugúrase a primeira das itinerancias expositivas da Rede Museística neste 2024. “Mulleres nas/das aldeas”, de Carmen Porteiro, viaxará ata o Concello de Cervantes, ás Pallozas de San Román, despois de estar en Lugo en decembro.
Con esta exposición, desde a área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo a través da RMPL, queremos visibilizar, dignificar e empoderar todas as realidades dás mulleres nas/dás aldeas, con especial atención ao traballo dá comunidade migrante lucense como presente activo e coidador do noso rural.
MULLERES NAS ALDEAS: mulleres migrantes que non medraron no rural pero chegaron a el para provelo de coidados, ocupándose dos nosos maiores, das nosas casas e das nosas crianzas. Unha realidade, cada vez máis presente, de mulleres que atopan nas aldeas lucense unha oportunidade para ganarse a vida e integrarse na familia e comunidade habitando tamén o territorio. Nesta parte de mostra intégrase un espazo participativo para que as migrantes reivindiquen o seu papel na comunidade.
MULLERES DAS ALDEAS:
retratos de familias integradas por catro xeracións de mulleres que sempre viviron no rural, que nunca marcharon ou que foron formarse ou traballar á cidade, a outra provincia ou ao estranxeiro e que posteriormente decidiron volver ao seu pobo. A través do Programa Culturas en Diálogo da RMPL, no que se enmarca esta acción, levamos 25 anos traballando pola integración e visibilización das persoas migrantes en Lugo. 365 días de efeméride.
Enlaces de interese
Tamén che pode interesar
Culturas en diálogo no CENIMA de Foz
Culturas en diálogo no CENIMA de Foz Exposicións en itinerancia