Museo da Migración:
Punto de Partida
Dende o 18/12/2024 ao 20/02/2025
En 2025 a RMPL porá en marcha un novo proxecto: o Museo da Migración. Un museo virtual que nace co propósito de abordar a migración dende a perspectiva interseccional -como todo o que se fai no conxunto da Rede- e de promover o diálogo intercultural mediante a creación e a participación comunitaria.
A migración son persoas, igual que o son os museos. Por iso convidámoste a construír connosco o museo que vén: que che gustaría que contara sobre a migración? Dende que perspectiva debera facelo? Que voces, que miradas, deben estar no seu relato?…
Pénsao e envíanos un audio ou un texto ao WhatsApp 698 914 849