Museos Humanos
Temática: Xéneros e igualdade
Público: Maiores
Esta proposta forma parte de: Día Internacional do Orgullo
Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo
Cando: 28/06/2024
Formato: Presencial
Portamos no corpo todas as memorias. Cada un de nós é un tesauro de vida único, irrepetible e propio que, en diálogo con outros, posibilita encontros capaces de derrubar prexuízos e estereotipos. Neste contexto, Leonardo Casado presenta o obradoiro “Museos Humanos”, unha plataforma social de diálogo colectivo que promove a escoita desde a intersección (sexo-xénero, etnia e discapacidade).
“Museos Humanos” é un espazo seguro que invita a persoas de diversas realidades a ter conversas significativas, empregando un dispositivo pedagóxico cidadán baseado en preguntas movilizadoras. Estas preguntas buscan poñer en valor o dereito a ser e estar no mundo, recoñecendo e respectando a diversidade de cada individuo.
Este obradoiro representa unha aposta pola convivencia e a vida común como patrimonio/fratimomio a fortalecer, promovendo a inclusión, a comprensión mutua e a construción de sociedades máis xustas e equitativas. Únete a esta experiencia transformadora e descubre o poder do diálogo para construir pontes entre diferentes realidades.