Museo Fortaleza de San Paio de Narla

Museo Fortaleza de San Paio de Narla2024-12-09T15:03:35+01:00

A fortaleza de San Paio de Narla foi adquirida pola Deputación Provincial de Lugo no ano 1939 e abriu as súas portas como museo en 1983.

O edificio está composto por tres corpos (Torre da Homenaxe, corpo central e torreón) e unha capela exterior, que acollen coleccións de historia e etnografía.

A imaxe amosa un elemento icónico do Museo-Fortaleza de San paio de Narla. Trátase dunha liteira de paseo para un único ocupante. Este palanquín consiste nun habitáculo de madeira negro con decoración e cortinas douradas e dúas varas laterais que sobresaen ampliamente por diante e por detrás, deixando o espazo suficiente para ser transportada con largura por dúas persoas. Esta liteira era empregada, con tracción humana, polos nobres para os seus desprazamentos

Horario de inverno

(1 de novembro – 28 de febreiro)

De martes a venres: De 10:00 a 14:00

Sábados, domingos e festivos: De 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00

Pechado luns e festivos locais
.

Horario de verán

(1 de marzo – 31 outubro)

De martes a domingo: De 10:00 a 20:00 (incluídos os días festivos)

Pechado os luns e festivos locais

Este Museo permanecerá pechado o 1 de xaneiro (Aninovo), Martes de entroido, 22 de maio (Sta. Rita), 15 de xullo, 24, 25 e 31 de decembro.

VISITAS INMERSIVAS

As visitas inmersivas aos catro museos da Rede Museística Provincial de Lugo permiten a persoas usuarias de todo o mundo acceder ás nosas coleccións sen importar o seu emprazamento físico.

Están formuladas en clave de igualdade e inclusión e xorden como resposta á necesidade de achegarnos á comunidade adaptándonos ás distintas realidades da mesma.

As persoas que non dispoñan de conexión a internet poderán poñerse en contacto coa Rede Museística, que lles facilitará os recursos necesarios para ter acceso a estas visitas.

Fai click para desfrutar a visita

ÚLTIMAS ACTIVIDADES

Intrahistorias. Luz entre as cinzas.

O próximo martes, 19 de decembro, terá lugar a inauguración da mostra expositiva Luz entre as cinzas do fotógrafo Adra Pallón no MPL as 18:30h a través dunha charla có artista

CoidArte, un novo programa centrado nos coidados.

A programación “COIDARTE, museos para autocoidarse” esta formada por un amplo abano de actividades, nos que xeramos tempo e espazos nos museos para o autocoidado físico, emocional, social e cognitivo da comunidade.

Rompe o silencio. Non hai escusa

“Rompe o silencio. Non hai escusa” ten como obxectivo mobilizar a todas as persoas para que se convertan en activistas, se solidaricen coa defensa dos dereitos das mulleres e nenas e apoien desde o museo os movementos feministas

278,81% de sabedoría

Desde a RMPL a través do club senior búscase con este proxecto cambiar miradas e poñer en valor o que temos

XXI XORNADAS PEDAGÓXICAS

Nova edición, a XXI, das Xornadas pedagóxicas da Rede Museística nas que pretendemos reforzar os vínculos dos museos da Rede Museística coa comunidade educativa e ofrecer un plan de formación que axude a cumprir o obxectivo de que o profesorado conte cunha formación específica para a educación nos territorios rurais.
Go to Top