Museo Provincial do Mar
Benvidos ao Museo Provincial do Mar.
O edificio que alberga o Museo Provincial do Mar naceu para ser escola de San Cibrao no ano 1931, por desexo de D. José Mª Montenegro e Dna. Manuela Goñi Maíste, matrimonio emigrante na Arxentina.
Partindo da colección de pezas recollidas polo mestre D. Francisco Rivera Casás e os seus alumnos, a Deputación de Lugo acorda crear un museo dedicado ao mundo mariño en 1969.
O Museo Provincial do Mar, primeiro museo do mar de Galicia de carácter público, está conectado coa identidade mariñeira da súa xente, polo que recolle a historia de pescadores e pescantinas, navegantes e cazadores de baleas, redeiras e carpinteiros de ribeira. Trátase dun museo que fala da vida da poboación costeira e da tremenda e fráxil biodiversidade do medio marítimo.
Horario de inverno
(Outubro-Maio)
Martes a sábado: de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00
Domingos e festivos: de 11:00 a 14:00
Luns pechado
Horario de verán
(Xuño-Setembro)
Martes a sábado: de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00
Domingos e festivos: de 10:00 a 15:00
Luns e festivos locais pechado
Axenda
decembro
xaneiro
febreiro
Non hai eventos
marzo
Non hai eventos