No interior do abandono. Unha viaxe poética e visual polo rural galego

Unha viaxe poética e visual polo rural galego

Sala de exposicións da Deputación de Lugo

Do 12/11/2026 ao 29/12/2026

A Rede Museística Provincial de Lugo acollerá na Sala de Exposicións da Deputación de Lugo a mostra “No interior do abandono”, un proxecto que une a poesía de Baldo Ramos e a fotografía de Carlos Lorenzo. A inauguración celebrarase o vindeiro 12 de novembro ás 19:00 horas, e a exposición permanecerá aberta ao público ata o 29 de decembro de 2026.

A obra constitúe unha viaxe visual e poética polas aldeas do rural galego que sofren o despoboamento e a desmemoria, poñendo o foco nos espazos que definen a identidade colectiva. O poeta e artista plástico Baldo Ramos e o fotógrafo Carlos Lorenzo superpoñen pasado e presente partindo das súas orixes comúns nas terras ourensás de Celanova, teurando un diálogo comprometido e esperanzado sobre esta problemática.

Esta proposta cultural naceu do libro homónimo publicado en 2020 e a terceira colaboración artística entre ambos os autores tras proxectos previos como A Ramallosa. A mostra compónse de conxuntos de fotografía e poema impresos sobre panel Dibond e complétase coa dispoñibilidade dunha iniciativa didáctica orientada a ESO e Bacharelato, que se pode descargar directamente nesta entrada para traballar os contidos da exposición co alumnado

Enlaces de interese

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes