Nova imaxe de dous cadros de Castelao

Mellora das súas condicións de conservación e exhibición

Os dous cadros restaurados de Castelao na sala 13

Temática: Restauración

Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo

Dentro da política permanente de actualización museográfica, de mellora das condicións de conservación e revisión dos materiais en contacto directo cos orixinais, vénse de abordar unha actuación sobre as dúas pinturas de Castelao que se expoñen no MPL.

Os cadros son: Asno e gaivotas e Paisaxe con Castiñeiro, pinturas ao óleo sobre cartón ríxido. Os traballos efectuados consistiron na substitución dos antigos enmarcados (non orixinais) por novos marcos de aluminio, con cartafol de conservación, passepartout e cristal con protección contra a radiación ultravioleta. As obras seguen dispoñibles para os visitantes na sala 13 do MPL.

Tamén che pode interesar

  • Un cartel promocional para o evento "O (RE)ENCONTRO" de residencias artísticas na Rede Museística, que terá lugar do 1 ao 8 de agosto. A imaxe principal do cartel é unha vista aérea dun campo verde con dúas estruturas circulares en forma de labirinto feitas de pedra. No ceo azul, e por toda a imaxe, hai iconas de copo de neve, cada unha co nome dun artista

O (re)encontro

O (re)encontro Estudio Aberto  Identidade, memoria e territorio

Comparte nas túas redes