Nova imaxe de dous cadros de Castelao
Mellora das súas condicións de conservación e exhibición

Temática: Restauración
Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo
Dentro da política permanente de actualización museográfica, de mellora das condicións de conservación e revisión dos materiais en contacto directo cos orixinais, vénse de abordar unha actuación sobre as dúas pinturas de Castelao que se expoñen no MPL.
Os cadros son: Asno e gaivotas e Paisaxe con Castiñeiro, pinturas ao óleo sobre cartón ríxido. Os traballos efectuados consistiron na substitución dos antigos enmarcados (non orixinais) por novos marcos de aluminio, con cartafol de conservación, passepartout e cristal con protección contra a radiación ultravioleta. As obras seguen dispoñibles para os visitantes na sala 13 do MPL.
Tamén che pode interesar
A Galicia cereira dos séculos XVIII ao XX: velas, velóns e exvotos
A exposición A Galicia cereira dos séculos XVIII ao XX no Museo Provincial de Lugo explora a importancia histórica da industria da cera en Galicia, destacando a relación das comunidades rurais coas abellas e os vestixios deste patrimonio apícola.


