Galicia, de Eduardo Rodríguez Osorio

Nova incorporación á colección do Museo Provincial de Lugo

Dende o xoves 3 de outubro, o Museo Provincial de Lugo incorpora á súa colección estable a obra Galicia do escultor Eduardo Rodríguez Osorio, que se expón na sala 12 da sección de Arte Galega. Trátase dunha peza de granito con pátina de cor que foi doada polo artista en 1984.

Obra: Galicia.
Autor: Eduardo Rodríguez Osorio (Chantada, Lugo 1920 – Madrid 1995).
Material: Granito con pátina de cor.
Medidas: 48 x 30 x 22,5 cm.

Esta escultura súmase ás outras dúas obras Osorio expostas no MPL, que conta cun total de 14 pezas deste artista nos seus fondos. Poden visualizarse aquí

Comparte nas túas redes