Novas cartelas estendidas nas salas do MPL

A Dirección e os Departamentos técnicos do Museo Provincial de Lugo acaban de elaborar, dentro do Programa de divulgación científica da exposición permanente do museo, 31 cartelas estendidas de bens culturais representativos das coleccións de Belas Artes, Artes Decorativas, Etnografía, Arqueoloxía e Historia do MPL.
A través de códigos QR, situados por todo o percorrido do museo a carón das cartelas habituais, os visitantes que o desexen poderán descargar máis información sobre os devanditos bens, profundando na súa historia e nas súas características.
Máis información:
Aurelia Balseiro García
direccion@museolugo.org
982 242 112


