Novas historias soterradas que toman luz
Esta proposta forma parte de: Soterradas
Onde se desenvolve: Museo-Fortaleza San Paio de Narla
Co proxecto Mulleres das / nas Aldeas ábrese no Museo de San Paio de Narla esta nova exposición, legada á RMPL.
Ao longo da súa vida, dona Elena Pardo Reguera foi realizando, con vellas medias, unha entrañable colección de bonecos artesanais a través dos cales toda a xente poden coñecer aspectos tan propios da nosa cultura como poden ser os personaxes dos mercados, os músicos acompañados sempre por un pícaro, avós con netos, oficios xa esquecidos, todo isto feito co delicado detallismo e minuciosidade que dona Elena soubo poñer en cada unha das súas creacións. A artista é filla do recoñecido pintor, Gumersindo Pardo Reguera, e seu irmán fora amigo de Picasso na súa época coruñesa.
Galería
Tamén che pode interesar
Efemérides como Ferramentas de Concienciación e Inclusión na RMPL
Efemérides como Ferramentas de Concienciación e Inclusión na RMPL Día Mundial da Visión e o Día Mundial