Novas historias soterradas que toman luz

Esta proposta forma parte de: Soterradas

Onde se desenvolve: Museo-Fortaleza San Paio de Narla

Co proxecto Mulleres das / nas Aldeas ábrese no Museo de San Paio de Narla esta nova exposición, legada á RMPL.

Ao longo da súa vida, dona Elena Pardo Reguera foi realizando, con vellas medias, unha entrañable colección de bonecos artesanais a través dos cales toda a xente poden coñecer aspectos tan propios da nosa cultura como poden ser os personaxes dos mercados, os músicos acompañados sempre por un pícaro, avós con netos, oficios xa esquecidos, todo isto feito co delicado detallismo e minuciosidade que dona Elena soubo poñer en cada unha das súas creacións. A artista é filla do recoñecido pintor, Gumersindo Pardo Reguera, e seu irmán fora amigo de Picasso na súa época coruñesa.

Galería

Tamén che pode interesar

  • Vista xeral da sala

Casa de soga e coitelo

Ábrese un novo espazo musealizado que ao longo dos séculos tivo diversos usos no pazo. Cárcere da xurisdición de S. Xoan e S. Xillao de Tor, espazo de lecer no comezo do século XX e finalmente a primeira bibloteca que tivo o Pazo.

Comparte nas túas redes