Novidades museográficas na sala 14 do MPL

Incorporación de novas na sala 14 (Arte Galega: Vangardas e exilio) para complementar as obras expostas de Maruja Mallo. Unha vitrina acolle datos documentais da etapa na que esta artista estudou na Escola de San Fernando de Madrid pensionada pola Deputación de Lugo (1926 – 1929), un código QR con información adicional sobre a súa obra no Museo Provincial de Lugo e dúas litografías que se amosan por primeira vez: Mazá e Améndoa, que forman parte da carpeta Homenaje a Revista de Occidente realizada en 1979 por Maruja Mallo en colaboración co pintor e gravador, tamén lucense, J. Vázquez Cereijo.

Enlaces de interese

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes