O MPL no XXIII Congreso internacional sobre bronces antiguos.

O Museo Provincial de Lugo participará no XXIII Congreso internacional sobre bronces antiguos, organizado polo Museo Nacional de Arte Romano de Mérida, a través de dúas comunicacións realizadas pola directora do museo, Aurelia Balseiro, e a responsable do Departamento de arqueoloxía e historia, M.ª Ofelia Carnero: “Pacts immortalized in bronze: Tabula Hospitalis of O Courel (Lugo)” e “The Penadomingabronzes: a diverse typological asseemblage”.
Ambas intervencións foron aceptadas por un comité científico internacional e compartirán palestra coas achegas de numerosos investigadores e especialistas procedentes de toda Europa e EEUU. O congreso, que terá lugar do 25 ao 28 de novembro, está dedicado á recuperación, conservación e exposición de broncesantigos. A súa realización ten lugar ao abeiro da exposición A la sombra de Vulcano. Bronce romano en Hispania, realizada polo MNAR, na que o MPL participa tamén mediante o préstamo da Tabula Hospitalis do Courel.


