“Xogar coa Historia”

xogos de mesa, rol e wargames no Museo provincial de Lugo

Cartel do evento "Xogando coa Historia" no Museo Provincial de Lugo, o sábado 13 de setembro. A imaxe mostra un cabaleiro medieval xunto a un xogo de mesa.

  13/09/2025

O vindeiro sábado, 13 de setembro, o Museo Provincial de Lugo acolle a xornada “Xogando coa historia”, unha actividade onde a estratexia, a imaxinación e o pasado se atopan.

Ao longo de todo o día, ofrecerase unha oportunidade única para achegarse á historia dun xeito interactivo e ameno a través de tres modalidades de xogo:

1. Xogos de Mesa Históricos Teremos á disposición dos asistentes unha coidada selección de xogos de mesa ambientados en diferentes épocas e eventos históricos. Se nunca xogaches, non te preocupes! Os membros da organización realizarán unha introdución ás regras e mecánicas de cada xogo para que poidas comezar a partida de inmediato.

2. Partidas de Rol Mérxullate nunha época pasada! Nas partidas de rol, cada xogador interpreta un personaxe inmerso nun momento histórico concreto. Como nunha obra de teatro improvisada, deberás tomar decisións e resolver unha trama guiada por un narrador. Convértete nun explorador romano, un nobre medieval ou un espía na Guerra Fría e forxa o teu propio relato.

3. Wargames e Simulación Histórica Para os amantes da estratexia, ofreceranse partidas de wargames. Neste tipo de xogos, poderás recrear batallas históricas, xestionar exércitos e tomar o mando das tropas nun campo de batalla a escala. Unha forma fascinante de comprender a loxística e as tácticas militares de diferentes períodos.

A xornada celebrarase no Museo Provincial de Lugo o sábado, 13 de setembro, en horario de mañá, de 10:00 a 13:00, e de tarde, de 16:00 a 19:00 horas. A actividade, de acceso libre e gratuíto, está aberta a todos os públicos, aínda que se recomenda para maiores de 15 anos. Non é necesaria inscrición previa, pois o uso das mesas de xogo realizarase por estrita orde de chegada ata completar o aforo.

En colaboración con

Comparte nas túas redes