O Museo Provincial de Lugo no Museo Nacional Do Prado

O Museo Provincial de Lugo foi convidado polo Museo Nacional do Prado para un encontro no que se deu a coñecer á comunidade museística a filosofía e os resultados do programa Prado Extendido, o pasado 28 de novembro, en Madrid, donde a directora, Aurelia Balseiro García, impartiu unha conferencia sobre o MPL por ser tal como expresa o director do MNP, Miguel Falomir:

un exemplo pioneiro e modelo de éxito na xestión e posta en valor da colección depositada polo Prado, integrándoa como parte da súa planificación institucional e contribuíndo con elo a un incremento da súa visibilidade e acceso”.

No auditorio do Museo Nacional do Prado escoitáronse tan só catro experiencias de museos de toda España: Lugo, Oviedo, Alicante e Vilanova i la Geltrú, ante máis dun cento de profesionais de museos convidados, a maioría directores de museos de diferente titularidade, tipoloxía e modelos de xestión, que se reuniron por primeira vez en torno a este tema, nun encontro organizado pola pinacoteca estatal.

O MPL recibirá novos depósitos do MNPrado no vindeiro ano.

Tamén che pode interesar

  • Alma de grilo, espectaculo literario-teatral nos xardins do museo de lugo o dia 29 de setembro ás 18:30

Alma de grilo

Presentación do libro "Alma de grilo" e representación da obra homónima de Ítaca Teatro. Acto que contará coa presenza da deputada de Cultura, Iria Castro; do director de Edicións Embora, Miguel Toval; da autora do libro, María García; e do ilustrador, Julio C. Seijas.

Comparte nas túas redes