O Museo Provincial de Lugo participa na exposición: “Maruja Mallo. Máscara y Compás”

A Delegada de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, Iria Castro, e a directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro, asisten á inauguración da exposición “Maruja Mallo: Máscara y Compás”, na que o MPL participa mediante o préstamo de tres obras. Esta mostra, comisariada por Patricia Molins e organizada pola Fundación Botín e o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, inaugúrase oficialmente no Centro Botín de Santander o 11 de abril, día a partir do cal se poderá visitar ata o 14 de setembro.

A exposición, que busca achegar a obra e o pensamento de Maruja Mallo, así como expoñer a vixencia do seu traballo desde unha visión actual e renovadora, forma parte do proxecto expositivo dedicado á artista lucense que continuará despois no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.

Obras prestadas polo MPL:

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes