O Museo Provincial de Lugo participa no “XVII Congreso Nacional de Numismática”
A Dirección e o Departamento de Arqueoloxía e Historia do MPL participan no “XVII Congreso Nacional de Numismática”, organizado polo Museo de Pontevedra, onde foron seleccionados os relatorios e especialistas máis destacados de España para dar a coñecer a disciplina numismática.
Xoves 12 de setembro:
-
16:00h: Participación de Aurelia Balseiro (directora do MPL) na mesa redonda: “La numismática en museos, arqueología y restauración”.
-
17:30h: Comunicación de Aurelia Balseiro: “Numismática en los museos: investigación, divulgación y museografía”
Sábado 14 de setembro:
-
11:15h: Comunicación de Enrique Alcorta e M.ª Ofelia Carnero (Departamento de Arqueoloxía do MPL): “Monetiformes: esas piezas olvidadas. La colección del Museo Provincial de Lugo”.
Tendo en conta que o MPL conserva unha importante colección numismática, que está pendente de renovación museográfica trala adquisición de varias moedas galegas incluíndo o sestercio da caetra, esta participación contribúe ao seu coñecemento e posta en valor, dentro do traballo de investigación e divulgación realizado polos departamentos científicos do museo.