O Museo Provincial de Lugo publica en liña a súa colección de loterofilia

O Museo Provincial de Lugo vén de facer pública, por medio do software libre Omeka, unha colección ata o momento descoñecida: a de loterofilia. O Departamento de Arqueoloxía e Historia do MPL custodia 505 décimos de lotería, datados entre os anos 1967 e 1979, que a partir de agora poderán ser visualizados en liña con contidos explicativos que contextualizan a súa función e significado. Ademais, o público interesado poderá acceder tamén ás fichas de todas as pezas descritas.

Omeka permite organizar, describir e exhibir obxectos de museo, así como amosalos virtualmente mediante a creación e publicación de exposicións virtuais atractivas e interactivas. Emprega estándares de catalogación como Dublin Core, o que facilita a preservación e o acceso a recursos históricos e culturais.

Máis información: direccion@museolugo.org – 982242112

Enlaces de interese

Comparte nas túas redes